Pazo

Pazo do Rial

Sobrán · Vilagarcía de Arousa · Pontevedra

Pazo do Rial, pazo en Vilagarcía de Arousa

Foto: Furado · CC BY-SA 3.0 es · Wikimedia Commons ↗

O pazo do Rial é unha casa señorial que se atopa en Vilaxoán, na parroquia de Sobrán, no concello pontevedrés de Vilagarcía de Arousa; moi preto da vila. Ergueito no século XVII en estilo barroco, e vencellado historicamente á familia nobre galega: Mariño de Lobeira, na actualidade funciona como instalación hoteleira e restaurante. Está declarado Ben de Interese Cultural coa categoría de Hotel-Monumento Histórico Artístico.

Historia

É unha gran casa señorial do século XVII ergueita sobre unha construción anterior medieval por Xoán Antonio Mariño de Lobeira.[Cómpre referencia] Un dos descendentes desta familia, no século : Pedro Mariño casou con Clara Caamaño, neta de García de Caamaño, o fundador de Vilagarcía de Arousa.[Cómpre referencia] Dende 1815 por mor dun preito pola sucesión do pazo de Rubiáns, estes dous pazos volveron quedar vencellados á familia Ozores, á súa vez descendentes dos Caamaño.[Cómpre referencia] A comezos do século XX, o Rial ficou abandonado. Nos anos 1970 vendeuse e foi transformado e ampliado para se converter no hotel que hoxe segue a ser.

Descrición

O pazo atópase nun outeiro de onde divisaba as terras achegadas. Presenta fábrica de cantaría de granito e planta rectangular. É un grande expoñente da arquitectura barroca galega. O edificio atópase flanqueado por dúas torres de tres andares, todo a decoración ten un estilo barroco de grande harmonía, por ser construído nun mesmo momento: tanto o corpo coma as torres están ameadas, atopamos ademais cornixas molduradas, varios balcóns sobre canzorros labrados; as torres teñen nos seus ángulos superiores gárgolas a xeito de canóns. As potentes chemineas salientan o seu aspecto señoril. Na fachada do corpo central, así coma na parte superior das torres aparecen varios escudos de armas que representan as distintas familias que nel moraron: Ozores, Soutomaior, Sarmiento e no centro o brasón dos Mariño de Lobeira, coa serea, as ondas, os lobos e maila estrela. A casa tamén ten unha capela e un hórreo É o máis importante dos pazos de Vilaxoán. A súa imaxe lembra ao achegado pazo de Sobrán.

Galería de imaxes

Outros artigos

Pazos de Galicia Pazo de Rubiáns Pazo de Sobrán Pazo de Pardiñas

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Que é Monumento

Tellado Tella

Paredes Pedra

Protección Ben de Interese Cultural

No catálogo RI-51-0008766

Altitude do punto ≈ 16 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima Vilaxoán, a 1,3 km

Camiño de Santiago Camiño Portugués Variante Espiritual, a 110 m

No concello viven 37.975 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar