Castro
Castro de Armeá
Augas Santas · Allariz · Ourense
Foto: Jl FilpoC · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗
O castro de Armeá (ás veces castro de Augas Santas) é un castro situado no lugar de Armeá, na parroquia de Augas Santas, pertencente ó concello ourensán de Allariz. A cronoloxía de ocupación do Castro é entre o século IV-III a.C e o século IV da nosa era.
Características
O castro de Armeá foi declarado Monumento Histórico-Artístico en 1963. Actualmente ten a categoría de Ben de Interese Cultural (BIC).
Arqueoloxía
Foi escavado por Conde Valvís. Atopáronse unha sauna castrexa, restos indíxenas e romanos, que están depositados na súa maioría no Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense. En 2018, na quinta campaña dirixida polo arqueólogo Adolfo Fernández na Atalaia, atopouse unha inscrición en dúas pedras co texto MAX.
Contorna
Próximo ao castro, e nunha carballeira, atópase o lugar coñecido polo nome de As Pías ou Baños de Santa Mariña, segundo Vicente Risco. Trátase de dúas pías labradas nun afloramento granítico situado a rentes do chan que aparece rodeado perimetralmente por un muro de cachotería dun metro de altura e planta circular. A pía de maior tamaño ten forma rectangular e conserva un bo caudal de auga durante todo o ano. Á beira dun dos seus lados maiores disponse outra pía de menores dimensións. Na cabeceira da pía maior, así como nun lateral daquela, sitúanse dúas cazoletas circulares de tamaño desigual. Conde Valvís apuntou a posibilidade de que esta construción operase como prensa de aceite de oliva, unha hipótese que parece ser corroborada pola existencia dun pequeno orificio que une ambos recipientes.
Outros artigos
Castro Cultura castrexa Castros da provincia de Ourense
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Datos
Época Castrexa (celta)
Que é Poboado
Protección Ben de Interese Cultural
Altitude do punto ≈ 487 m · Terrain Tiles
Vila máis próxima Allariz, a 6,3 km
Camiño de Santiago Camiño Xabrés por Verín, a 156 m
No concello viven 6.505 (2025) · IGE
Segundo IGN Topo
Chegar en bus
- OUTEIRO DE LAXEa 738 mTosende-Allariz · Tosende-Allariz
- Armeaa 775 mOurense E.I.-Taboadela-Ourense E.I. (laborable en verán) · Ourense E.I.-Taboadela-Ourense E.I.
- Santa Mariña de Augas Santasa 797 mTosende-Allariz · Tosende-Allariz
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.
Ao lado deste lugar
Estación de TaboadelaEstación de tren e apeadoiro
Estación de Paderne - CantoñaEstación de tren e apeadoiro
Basílica da Asunción de Augas SantasIgrexa- Castro de Pena do CoutoCastro
Santuario de Santa María de Vilar de FloresSantuario
Torre de ToránMonumento
Monumento a la familiaMonumento- Castro de Boa NaiCastro