Castro

Castro de Boa Nai

Torán · Taboadela · Ourense

Aínda non hai foto de Castro de Boa Nai

Se tes unha, súbea a Wikimedia Commons ↗ coas coordenadas postas e chegará soa a este mapa e a calquera outro que use datos abertos. Ou mándanola.

{{Location|42.22171|-7.82165}}

O castro de Folgoso, tamén chamado de Boa Nai, é un castro situado na parroquia de Folgoso, no concello ourensán de Allariz.

Morfoloxía

Consta dun recinto fortificado dobre. A croa está delimitada por un recinto murado. No seu cumio atópanse grandes penedos con numerosas pías, algunha delas comunicada cunha canle perforada na rocha que desemboca nun desaugadoiro. Arredor da croa obsérvase un segundo recinto anular arredor do máis elevado. Este está interrompido á altura dunha pequena plataforma que se pecha contra o primeiro recinto. Neste lugar é posible que estivese a entrada. Ao sur existe outra plataforma que se pecha sobre o segundo recinto fortificado, a modo de socalco.

Arqueoloxía

Non se ten noticia de que se teñan realizado campañas arqueolóxicas. Nunha prospección superficial atopáronse restos de cerámica castrexa con decoración estampillada.

Outros artigos

Castro Cultura castrexa Castros da provincia de Ourense

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Altitude do punto ≈ 662 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima Allariz, a 3,9 km

Camiño de Santiago Camiño Xabrés por Verín, a 2,4 km

No concello viven 1.479 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar