Castro
Castro de Castromao
Castromao · Celanova · Ourense · 708 m

Foto: PNOA cedido por © Instituto Geográfico Nacional · Attribution · Wikimedia Commons ↗
O castro de Castromao é un castro situado no actual concello de Celanova, no sueste da provincia de Ourense. Suponse que foi habitado polo pobo dos coelernos. En 2018 foi declarado Ben de Interese Cultural.
Localización e morfoloxía
Está situado nun outeiro de 732 metros de altura, desde o que se domina o curso do río Arnoia e os castros de Novelle, Trelle, Merca e Berredo. Ten unhas dimensións de 150 metros no eixo norte-sur e 130 no leste-oeste. O interior da parte amurallada ocupa uns 20.000 m². O terreo presenta un forte desnivel, salvo na súa parte noroeste, onde é bastante menos pronunciado. Polas súas inmediacións discorría unha calzada secundaria da Vía XVIII do itinerario de Antonino, relacionada coa ponte do Freixo. Foi habitado durante a época castrexa, remontando ó século VI a.C. e mantívose poboado ata o século III. Desta época data o nome de Castromao (castro malo) polo lugar de Vilanova (que máis tarde foi bautizada como Vilanova dos Infantes por ter sido lugar de residencia temporal dunha infanta), debido, segundo fontes medievais, á súa mala localización para o aproveitamento agrícola.
Achados arqueolóxicos
A primeira referencia moderna sobre o castro é de Ramón Barros Silvelo, no seu libro Antigüedades de Galicia (1875) e refírese a el como Castra Mamuaria. En 1928, Florentino López Cuevillas e Xaquín Lorenzo recólleno no seu Catálogo dos Castros Galegos. Desde 1963 iniciáronse varias campañas de escavacións que deixan ó descuberto os restos de construcións que se poden visitar. Proseguen os traballos Xesús Ferro Couselo e Xaquín Lorenzo dende os anos 1969 ata 1974, e descobren novas estruturas e unha “Tessera Hospitalis” do ano 132 d. C., que constitúe un pacto de hospitalidade entre os habitantes de Castromao (Coelerni) e un alto militar romano, ademais dunha cerámica con moedas do século I d.C. Apareceron cerámicas de todo tipo, desde fragmentos datables entre os séculos VII e V a.C. ata tégulas e sigillatas, que nos falan dunha forte romanización. Suponse que a tribo non se opuxo á ocupación romana e mesmo colaborou con eles. Atopáronse tamén restos dun forno para cocer cerámica, así como un tesouriño do século I atopado nunha vasilla de barro. A peza máis singular de Castromao é a figura zoomorfa dun simio encollido e sentado cos pés cara a adiante e as mans na cara; por debaixo dos pés, que parecen agarrar algo, hai un apéndice para encaixar a escultura nunha base. Outra peza destacable é un tríscele calado que puido servir como fiestra.
Galería de imaxes
Outros artigos
Coelernos
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Datos
Que é Sitio arqueolóxico
Altitude 708 m
Vila máis próxima Celanova, a 1,9 km
Ruta que pasa preto Camiño Natural de San Rosendo, a 1,6 km
No concello viven 5.695 (2025) · IGE
Chegar en bus
- A Granxaa 859 mCelanova (centro saúde)-Campo Real · Celanova (centro saúde)-Campo Real · CELANOVA-CIMA DE VILA · Celanova-Cima de Vila
- Alto da Gandarelaa 919 mCortegada (centro)-Parada Autobuses (Rocarine) · Cortegada (centro)-Ourense E.I.
- Hermide (marquesiña)a 998 mCelanova (centro saúde)-Campo Real · Celanova (centro saúde)-Campo Real · CELANOVA-CIMA DE VILA · Celanova-Cima de Vila
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.
Ao lado deste lugar
Mosteiro de San Salvador de CelanovaMosteiro
Ponte FreixoPonte romana
Torre de Vilanova dos InfantesTorre
Capela de San Miguel de CelanovaCapela e ermida
Santuario da Nosa Señora do CristalSantuario
Igrexa de San Mamede de AlbosIgrexa
Igrexa de Santiago de CasardeitaIgrexa
Igrexa de San Pedro de RamirásIgrexa