Castro
Castro de Cerdeira
Requeixo de Valverde · Allariz · Ourense
Aínda non hai foto de Castro de Cerdeira
Se tes unha, súbea a Wikimedia Commons ↗ coas coordenadas postas e chegará soa a este mapa e a calquera outro que use datos abertos. Ou mándanola.
{{Location|42.18377|-7.75252}}
O castro de Cerdeira, tamén chamado Outeiro do Castro, é un castro situado entre a parroquia de Requeixo de Valverde, no concello ourensán de Allariz, e a da Graña, no concello tamén ourensán de Xunqueira de Ambía.
Morfoloxía
Consta dun recinto fortificado situado a 726 metros sobre o nivel do mar. Ten planta ovalada. O seu cumio é pedregoso e nel pódese distinguir un recinto murado de pedra cunhas dimensións de 150 metros no eixo norte-sur. Pola banda oeste hai unha plataforma de até 50 metros de lonxitude, mentres que pola banda sur hai outra de 20 metros. A continuación hai outro socalco de 8 metros que comunica coa plataforma do lado oeste.
Arqueoloxía
Rivas Quintas fala da existencia de nove grupos de petróglifos na aba do outeiro. Primeiro grupo, coñecido como Pedra do Sol. Está situado a 150 metros da croa, na aba oeste. Contén nove círculos concéntricos cun desenvolvemento total de 60 centímetros. Outros tres motivos están formados por dous círculos concéntricos sen coviña central. Segundo grupo. Está a 16 metros do anterior. Está formado por cinco círculos concéntricos de 45 centímetros de diámetro, e outro máis de 4 círculos de 33 centímetros con punto central. Ambos dispóñense sobre unha laxe de 2,45 x 1,05 metros. Tamén hai outros dous grupos de 3 círculos cada un, tres de 2 círculos (un só con punto central) e parte da curva dun único círculo de 9 centímetros. Terceiro grupo. Está a 30 metros ó norte da Pedra do Sol e a 12 do segundo grupo. Ten 6 círculos concéntricos e un diámetro total de 55 centímetros. Cuarto grupo. Está a 30 metros ó leste da Pedra do Sol. Ten 4 círculos concéntricos e 21 centímetros de diámetro. Quinto grupo. É unha composición de dous motivos cun punto central formados por 2 círculos concéntricos, acompañado doutro motivo con 6 círculos concéntricos e outros 2 que seguen o mesmo esquema. Sexto grupo. Ten 3 círculos concéntricos cun punto central. O seu diámetro é de 45 centímetros Sétimo grupo. Figura como desaparecido. Oitavo grupo. É dubidoso que se trate dun petróglifo. Noveno grupo, coñecido como Cobra con Asas. Está na aba norte do monte. Ten 1,46 metros de lonxitude. Á dereita da cobra hai 8 puntos, 5 deles xuntos e outros 3 separados.
Outros artigos
Castro Cultura castrexa Castros da provincia de Ourense
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Datos
Altitude do punto ≈ 701 m · Terrain Tiles
Vila máis próxima Allariz, a 4,1 km
Camiño de Santiago Camiño Xabrés, a 2,3 km
No concello viven 6.505 (2025) · IGE
Chegar en bus
- Requeixo (núcleo)a 1,0 kmSobradelo-Allariz · SOBRADELO-ALLARIZ · CEIP Padre Feijoo-Requeixo (núcleo) · CEIP Padre Feijoo-Requeixo (núcleo)
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.
Ao lado deste lugar
Colexiata de Santa María de Xunqueira de AmbíaCatedral
Reserva da biosfera Área de AllarizEspazo protexidoEcoespazo do RexoPraza e alameda
Santuario de Santa María de Vilar de FloresSantuarioIgrexa de Santiago de AllarizIgrexa
Museo Galego do XogueteMuseo
Villa de AllarizConxunto históricoConvento de Santa Clara de AllarizConvento