Castro

Castro de Codesido

Codesido · Vilalba · Lugo

Aínda non hai foto de Castro de Codesido

Se tes unha, súbea a Wikimedia Commons ↗ coas coordenadas postas e chegará soa a este mapa e a calquera outro que use datos abertos. Ou mándanola.

{{Location|43.32357|-7.76321}}

O castro de Codesido é un castro situado no lugar de Ferreira, na parroquia de Codesido, no concello lucense de Vilalba. O castro aparece no Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta de Galicia (Catálogo da Xunta e dos PXOM).

Descrición

Dentro da croa atópanse a igrexa e mailo cemiterio parroquiais. O castro ten planta circular moi alterada, mais conserva parte do muro. Atópase a unha altitude de 477 metros sobre o nivel do mar e mide 110 metros no eixo norte-sur e 127 no eixo leste-oeste. O castro posúe un manancial no interior da croa.

Arqueoloxía

Non se ten noticia de que se realizasen campañas arqueolóxicas. Na actualidade non está visitable.

Lenda

Existe unha historia de mouros no castro e que había un túnel polo que baixaban os mouros beber ao rego da Pipa, que se atopa a 700 metros do castro.

Outros artigos

Cultura castrexa Castros da provincia de Lugo

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Época Cultura castrexa

Que é Recinto fortificado

Altitude do punto ≈ 478 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima Vilalba, a 7,5 km

No concello viven 13.946 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar