Castro

Castro de Gondaísque

Gondaísque · Vilalba · Lugo

Aínda non hai foto de Castro de Gondaísque

Se tes unha, súbea a Wikimedia Commons ↗ coas coordenadas postas e chegará soa a este mapa e a calquera outro que use datos abertos. Ou mándanola.

{{Location|43.29631|-7.73112}}

O Castro de Gondaísque ou Castro Grande é un castro situado no lugar do Castro, na parroquia de Gondaísque, no concello lucense de Vilalba. Accédese ao castro pola N-634 en dirección a Baamonde (collendo o primeiro ramal á dereita ata chegar á igrexa de Boizán), despois cara á dereita ata o lugar do Castro.

Descrición

Atópase nunha chaira irregular, consta dun recinto principal, de forma circular con varios foxos e parapetos. Ten dobre muralla defensiva. Presenta un amplo antecastro e os restos dunha vila romana ao seu carón (Vilar de Eimil).

Arqueoloxía

Non se ten noticia de que se realizasen campañas arqueolóxicas. Na actualidade non está visitable.

Outros artigos

Cultura castrexa Castros da provincia de Lugo

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Tamén chamado Castro Grande

Altitude do punto ≈ 512 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima Vilalba, a 4,2 km

Camiño de Santiago Camiño do Norte, a 2,6 km

No concello viven 13.946 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar