Castro

Castro de Edreira

Oleiros · A Coruña

Aínda non hai foto de Castro de Edreira

Se tes unha, súbea a Wikimedia Commons ↗ coas coordenadas postas e chegará soa a este mapa e a calquera outro que use datos abertos. Ou mándanola.

{{Location|43.33806|-8.30361}}

O castro de Edreira, tamén chamado O Castelo, é un castro situado na parroquia de Oleiros, no concello coruñés de Oleiros.

Morfoloxía

Consta dun recinto fortificado de forma circular. Ten un diámetro de 150 metros. Hai indicios de que estivo rodeado na súa totalidade por un talude que hoxe se interrompe polas bandas oeste e sueste, a consecuencia de movementos de terras. Apréciase un socalco pola banda oeste, defendido por un terraplén, a través do cal se pode acceder ó recinto principal.

Conservación

Ó norte, fóra do castro, están instaladas dúas antenas de telefonía móbil e dous grandes depósitos de auga. Existe un terceiro depósito no extremo leste da croa, de cuxa construción resultou a destrución do recinto neste sector. Na parte sueste, o camiño que rodea recinto principal afectou ó parapeto exterior. Na actualidade a vexetación cobre gran parte do castro.

Arqueoloxía

Non se ten noticia de que se realizasen campañas arqueolóxicas.

Outros artigos

Cultura castrexa Castros da provincia da Coruña

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Tamén chamado Castro da Hedreira

No catálogo GA15058010

Altitude do punto ≈ 172 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima O Real, a 1,2 km

No concello viven 38.750 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar