Castro

Castro de Lavacerido

Meirás · Valdoviño · A Coruña

Castro de Lavacerido, castro en Valdoviño

Foto: Nemigo · CC0 · Wikimedia Commons ↗

Castro de Lavacerido ou Castro de Punta Taraza, é un poboado castrexo costeiro fortificado situado nunha península na parroquia de Meirás, no concello de Valdoviño.

Descrición

Hai dúas liñas defensivas concéntricas. A interior mide máis de 160 metros e vai de leste a sur. A liña defensiva exterior está incompleta, é máis ancha e ten un acceso ao castro na zona sur. A zona presenta numerosas galerías e canteiras de mina. Son de principios do século XX para a extracción de mineral de arsénico. Dentro do castro pódense ver varias estruturas de datación descoñecida.

Galería de imaxes

Outros artigos

Cultura castrexa Arco Ártabro

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Tamén chamado Castro de Punta Taraza

Altitude do punto ≈ 30 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima Valdoviño, a 4,5 km

No concello viven 6.805 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar