Castro
Castro de Pena Lopesa
O Val · Narón · A Coruña
Foto: Nemigo · Public domain · Wikimedia Commons ↗
O Castro de Pena Lopesa é un castro costeiro fortificado. Está situado na parroquia do Val (Narón). É un castro situado sobre un pequeno istmo na praia do mesmo nome no límite entre os concellos de Narón e Valdoviño.
Escavacións arqueolóxicas
O asentamento non foi escavado aínda que se fixeron pequenas prospeccións que confirman a súa ocupación entre os séculos I antes da era actual e o século I despois da era actual. Atopáronse anacos de cerámica, característica da zona, e cravos da construción. O castro debeu ser un poboado costeiro fortificado unido á costa.
Situación actual
O lugar está abandonado completamente. Consérvase tal como foi abandonado, sen intervención posterior algunha. O mar está a esnaquizar o penedo no que se asenta.
Accesos
Dende a Pena Molexa hai unha pista peonil ben sinalizada con camiños costeiros que levan ata a praia de Pena Lopesa. Un pequeno regato chega ao mar onde está o istmo do castro. O lugar é de moi difícil aceso. Só en marea baixa se pode chegar ao pé da pena despois de baixar polos penedos o aceso a ela é case imposible, con rochas verticais.
Outros artigos
Cultura castrexa Arco Ártabro
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Datos
Tamén chamado Castro de Pena Lupesa
Altitude do punto ≈ 10 m · Terrain Tiles
Vila máis próxima Narón, a 8,8 km
No concello viven 39.890 (2025) · IGE