Castro

Castro de Papoi

Marmancón · Ferrol · A Coruña

Castro de Papoi, castro en Ferrol

Foto: Nemigo · CC0 · Wikimedia Commons ↗

O castro de Papoi é un poboado castrexo de ladeira situado ao pé do monte Sabugueiro, na parroquia de Marmancón (Ferrol).

Descrición

Ten muralla na cara leste de pedras e terra dus 3,5 m de altura, nesta cara vai unha canle externa á muralla. O recinto principal asemella ovalado: uns 100 m de norte a sur (interior duns 81 m) e uns 70 m de leste a oeste (interior duns 67 m). A entrada orixinal do castro sería polo nordeste, protexida pola muralla e unha parte do terraplén ao norte. O castro é propiedade privada, emprégase como eira.

Outros artigos

Cultura castrexa Arco Ártabro

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Tamén chamado O Castro

Altitude do punto ≈ 116 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima Ferrol, a 6,2 km

No concello viven 64.903 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar