Castro
Castro de Vilasanche
Serantes · Ferrol · A Coruña
Foto: Nemigo · CC0 · Wikimedia Commons ↗
O castro de Vilasanche é un castro de cumio situado no val de Serantes, no concello de Ferrol.
Descrición
O castro ocupa todo o cumio do monte aínda que a croa é de pequenas dimensións, os antecastros e defensas aproveitan os socalcos do monte como defensas naturais. O recinto principal mide de norte a sur uns 30 m e de leste a oeste uns 26 m. O primeiro antecastro ao oeste cun ancho duns 19 m, e o segundo antecastro ao leste duns 120 m e un ancho duns 50 m. As medidas totais do poboado serían duns 240 metros de norte a sur e de 70 metros de leste a oeste leste. O acceso orixinal estaría ao sur da croa e ascende en espiral. Téñense atopado anacos de cerámica na zona.
Outros artigos
Cultura castrexa Arco Ártabro
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Datos
Altitude do punto ≈ 88 m · Terrain Tiles
Vila máis próxima Ferrol, a 2,9 km
Camiño de Santiago Camiño Inglés, a 2,8 km
No concello viven 64.903 (2025) · IGE
Chegar en bus
- Vilasanchea 132 mMercado de San Xulián-San Felipe · Mercado de San Xulián-San Felipe
- Vilasanche (Sur)a 200 mCataboios (cemiterio)-Mougá (Rego do Roxadoiro) · Cataboios (cemiterio)-Mougá (Rego do Roxadoiro)
- Vilasanche (Norte)a 258 mCataboios (cemiterio)-Mougá (Rego do Roxadoiro) · Cataboios (cemiterio)-Mougá (Rego do Roxadoiro)
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.