Castro

Castro de San Lourenzo

Cereixa · A Pobra do Brollón · Lugo

Castro de San Lourenzo, castro en A Pobra do Brollón

Foto: Estevoaei · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗

O castro de San Lourenzo é un poboado fortificado situado en Cereixa (A Pobra do Brollón).

Historia

O recinto naceu como poboado fortificado na Idade de Ferro. Sitúase nun outeiro a carón do río Saa, e abrangue unha extensión duns 8800 m². Funcionou como centro metalúrxico. Na Idade Media comezou a usarse como necrópole e posteriormente construíuse unha capela, dedicada ao mártir Lourenzo. Aparece xa documentado como castro de San Lourenzo nun apeo de 1595. O templo ampliouse no século XVII, e tras o seu abandono rehabilitouse en 1875. Abandonouse de novo e diversas pedras, como o lintel da porta principal ou partes dunha columna, foron reutilizadas en casas da contorna. Nas décadas de 1960 e 1970 levouse a cabo no exterior do recinto unha explotación de grava e area.

Campañas arqueolóxicas

En 2016 comezaron a desenvolverse as escavacións arqueolóxicas, baixo dirección técnica de Xurxo Ayán, organizadas a través da asociación veciñal María Castaña. Realízanse campañas de forma anual co apoio do Concello da Pobra do Brollón e dun campo de traballo da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia. Escaváronse varias cabanas e documentáronse máis de 80 tumbas da necrópole –orientadas de oeste a leste e tapadas con lousa–, en seis das cales se atoparon restos óseos. No recinto atopáronse pezas de cerámica da Idade de Ferro, varias moedas medievais e da Idade Moderna, un obxecto litúrxico de bronce e diverso enxoval funerario como dentes de animais, lousiñas furadas, escouras de ferro, un coitelo e un pasador. En 2022 apareceu un colar con 23 doas. A campaña de 2026 estivo dirixida por Claudia González Villadóniga. Cada ano, no marco da escavación arqueolóxica celébrase a romaría de San Lourenzo o día 10 de agosto. Ademais, en 2026 realizouse unha actividade coincidindo coa eclipse solar do 12 de agosto de 2026, coa presenza da astrofísica Iria Ayán e das escritoras Olga Novo, Mario Obrero -colaborador habitual nas escavacións- e Andrea Nunes Brións.

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Que é Poboado

Tamén chamado Castro de Alende

Altitude do punto ≈ 386 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima Monforte de Lemos, a 8,8 km

Camiño de Santiago Camiño de Inverno, a 209 m

No concello viven 1.602 (2025) · IGE

Para ir

Cadeira de rodas Non

Teléfono +34 666435832

Ver no mapaLer na WikipediaWeb oficialComo chegar

Ao lado deste lugar