Igrexa
Igrexa de San Xián de Veiga
Veiga · A Pobra do Brollón · Lugo
Foto: Imxavitooh · CC BY-SA 3.0 · Wikimedia Commons ↗
A Igrexa de San Xián de Veiga é un templo románico situado na parroquia de Veiga, no concello lugués da Pobra do Brollón, que data do século XII, sendo o máis antigo que se atopa nese concello.
Historia e características
Data da segunda metade do século XII con naves ábsidas semicirculares. A nave principal é rectangular con muros de cachotaría, cuberta a dúas augas con tellado de lousa. A sancristía está acaroada a un dos laterais da nave. A portada principal é estreita e alongada, e está reformada. Ten tres arquivoltas semicirculares peraltadas. Canzorros lisos, estela con Flor de Lis e, no interior, retablo barroco do século XVIII, esculturas e campanario con espadana de catro vans.
Outros artigos
Arquitectura románica en Galicia
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Datos
Dedicado a Xián o Hospitaleiro
Altitude do punto ≈ 384 m · Terrain Tiles
Vila máis próxima Monforte de Lemos, a 11,3 km
No concello viven 1.602 (2025) · IGE