Castro
Castro de Santa Comba
Covas · Ferrol · A Coruña
Foto: Nemigo · CC0 · Wikimedia Commons ↗
O Castro de Santa Comba é un castro costeiro situado na illa de Santa Comba (concello de Ferrol), formada actualmente por tres illas, con orientación NO-SE. Sobre a illa central, a de maior tamaño, está a ermida de Santa Comba, do século XI.
Descrición
No ano 2001 a Universidade da Coruña e o CSIC iniciaron un traballo de escavación na illa de Santa Comba que foi continuado ata o ano 2006. As tres illas formaban unha península unida a terra. As tres illas teñen unha lonxitude total de 320 metros e unha anchura máxima de 110 metros. Alí atopouse o único forno obradoiro para traballos con ferro que se coñece en Galiza. O 15 de outubro de 2001 André Pena Graña atopou unha lousiña circular datada no século I do tamaño e da forma dunha fusaiola duns 4 centímetros de diámetro, cunha inscrición adicada a Reva: REBE TRASANCI AVG[VST]E ("PARA REVA TRASANCIUCA", da «Terra de Trasancos»). Esta inscrición fai referencia á Terra de Trasancos, organización territorial nacida durante a Cultura castrexa. As prospeccións feitas na terceira campaña de prospeccións arqueolóxicas nas illas e na zona próxima feitas polo CSIC e a UDC atoparon indicios de construcións.
Accesos
O acceso só é posible na baixamar á illa central que é a de maior tamaño e na que está a Ermida de Santa Comba.
Outros artigos
Castros de Galicia Cultura castrexa Arco Ártabro
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Datos
Altitude do punto ≈ 5 m · Terrain Tiles
Vila máis próxima Ferrol, a 9,2 km
No concello viven 64.903 (2025) · IGE
