Castro

Castro de Toiriz

Silleda · Pontevedra

Castro de Toiriz, castro en Silleda

Foto: Martinho12 · GFDL · Wikimedia Commons ↗

O Castro de Toiriz, tamén coñecida como Eira dos Mouros, é un sitio arqueolóxico da Idade de Ferro, situado preto da aldea de Toiriz, na parroquia e concello de Silleda.

Descrición

Este poboado castrexo, situado ás aforas do núcleo urbano de Silleda, non foi aínda escavado, pero dada a súa localización e os restos atopados nel, pénsase que este recinto foi levantado arredor do século IV a.C.. O castro está formado por dous recintos amurallados, un deles de forma circular situado na parte superior do outeiro, a chamada Eira dos Mouros e o outro discorre nun plano inferior apegado ao antes citado pola parte sur e leste. Pola parte exterior deste último recinto aparece un sistema defensivo composto de foso e parapeto. Ademais, os Castros de Toiriz son protagonistas de numerosas lendas populares que lle dan un certo carácter místico. Por todo o recinto atópanse diversos paneis informativos, explicando algunha das súas características, así como imaxes do paisaxe que se observa. A restauración foi levada adiante grazas ao Colectivo pola Recuperación dos Catros de Toiriz no ano 2010.

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Altitude do punto ≈ 468 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima Silleda, a 536 m

Camiño de Santiago Camiño Xabrés, a 289 m

No concello viven 8.908 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar