Ponte histórica

Ponte do Pozo Negro

Ponte · Silleda · Pontevedra

Ponte do Pozo Negro, ponte histórica en Silleda

Foto: Pontesiño · Public domain · Wikimedia Commons ↗

A ponte do Pozo Negro ou do Puzo Negro[Cómpre referencia] é unha ponte construída sobre o río Deza entre as parroquias de Ponte (Silleda) e San Pedro de Losón (Vila de Cruces).

Situación e descrición

Sitúase a carón do Pozo Negro, do cal toma o nome. Este pozo do Deza recibe esta denominación debido á cor escura que toma a auga do río nese lugar. Consta dunha plataforma de formigón e ferro, protexida por unha varanda tamén de ferro. Esta plataforma sostense sobre dúas paredes de parede levantadas a ambas lados do río, estando contruída a do lado de Ponte sobre un penedo.

Historia

Foi construída a comezos do século XX para canalizar o tránsito de persoas e mercadorías entre as terras do Corpiño e Carbia e as de Trasdeza, onde se viña celebrando na parroquia de Silleda unha feira os días 6 e 23 de cada mes. Así pois, o camiño que se dirixe cara esta ponte aínda conserva o nome de camiño da feira. Coa mellora das vías e medios de comunicación, esta ponte caeu en desuso en detrimento doutras próximas (A Carixa, Ponte Taboada). No ano 1993, abriuse ao tránsito a PO-205, cuxo viaduto axudou a salvar o desnivel do Deza entre Ponte e San Pedro de Losón. Na actualidade a ponte do Pozo Negro só é utilizada por troiteiros e sendeiristas.

Galería de imaxes

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Que é Ponte

Altitude do punto ≈ 294 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima Silleda, a 3,8 km

No concello viven 8.908 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar