Castro

Castro de Vilarullo

Curtis · A Coruña

Castro de Vilarullo, castro en Curtis

Foto: Nemigo · CC0 · Wikimedia Commons ↗

O castro de Vilarullo é un castro de chaira situado no lugar do Castro de Vilarullo, na parroquia e concello de Curtis.

Descrición

De sección circular mide uns 120 metros de diámetro. Ten grandes muros defensivos, nalgunhas zonas de máis de 20 metros de altura. O recinto ten dous accesos, un ao leste e outro ao oeste. A croa é unha castiñeira con grandes pedras. O recinto, na cara N-O, está afectado por labores agrícolas. O castro está circundado pola cara sur por unha pista forestal que delimita as plantacións de eucaliptos.

Outros artigos

Cultura castrexa

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Altitude do punto ≈ 523 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima Teixeiro, a 2,7 km

No concello viven 4.233 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar