Castro

Castro do Croado

Cereixo · Vimianzo · A Coruña

Aínda non hai foto de Castro do Croado

Se tes unha, súbea a Wikimedia Commons ↗ coas coordenadas postas e chegará soa a este mapa e a calquera outro que use datos abertos. Ou mándanola.

{{Location|43.13064|-9.10744}}

O Castro do Croado ou Cruado é un castro galaico, situado na parroquia de Cereixo, no concello da Vimianzo.

Descrición

O Croado domina a paisaxe da parroquia. A súa coroa (de aí o nome Croado ou Cruado, de Coroado) destaca reforzada pola vexetación que aflora sobre a fortificación do asentamento. De planta ovalada, posúe unhas dimensións de 125 × 80 metros, ocupando unha superficie aproximada de 0,8 hectáreas. Conserva ben restos da súa muralla perimetral, acompañada de parapeto e foxo, que acolle socalcos dispostos de maneira concéntrica. Aparece incluído no Inventario do patrimonio cultural do Concello de Vimianzo e goza do grao de protección integral e tamén foi un dos dez castros de Vimianzo identificados na obra O poboamento castrexo na rexión occidental da provincia da Coruña, de Xerardo Agrafoxo. Está incluído no PXOM de Camariñas.

Tradición oral

Hai unha antiga lenda no castro do Croado que os veciños aínda lembran hoxe en día. O dito di: “Cruado, Cruado, quen me dera o teu reinado”. Cóntase que no lugar ocorren sucesos de difícil explicación. Segundo a tradición popular nese monte os mouros gardaron un tesouro nun caldeiro e aquel que intentou atopalo sufriu estraños accidentes.

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Altitude do punto ≈ 139 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima Camariñas, a 6,1 km

Ruta que pasa preto O Camiño dos Faros, a 913 m

No concello viven 6.754 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar