Dolmen

Mina de Recesindes

Carantoña · Vimianzo · A Coruña

Aínda non hai foto de Mina de Recesindes

Se tes unha, súbea a Wikimedia Commons ↗ coas coordenadas postas e chegará soa a este mapa e a calquera outro que use datos abertos. Ou mándanola.

{{Location|43.14778|-9.07328}}

A mina de Recesindes é parte dunha necrópole máis ampla: un campo de mámoas que se estende entre as parroquias de Carantoña e a de Calo, no concello de Vimianzo e ao sur da Pena Forcada. Forma parte do futuro Parque Arqueolóxico do Megalitismo da Costa da Morte.

Descrición

O dolmen presenta cámara poligonal e un posible corredor cara ao leste, do que se conserva un dos chantos deitados no chan. A cámara ten hoxe seis chantas verticais das once totais que tería no seu momento. Faltan moitas das súas pedras e as tampas que foron saqueadas. Segundo Xosé María Lema Suárez, este lugar permite entender moi ben como se integra o dolmen na mámoa, coas pedras ben traballadas e encaixadas entre si. A anta estaba bastante soterrada no túmulo, pois desde a parte superior até a pedra hai practicamente un metro. A mámoa foi violada e profanada desde que en 1936 fora obxecto de escavacións clandestinas feitas por buscadores de tesouros.

Outros artigos

Lista de megálitos de Galicia

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Que é Megálito

Altitude do punto ≈ 126 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima Vimianzo, a 5,3 km

No concello viven 6.754 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar