Castro

Castro do Tesouro

Martín · Baleira · Lugo

Castro do Tesouro, castro en Baleira

Foto: Loisteixeiro · CC0 · Wikimedia Commons ↗

O Castro do Tesouro é un castro situado no monte veciñal da Cortevella, no concello lucense de Baleira. Dende o Cádavo hai que coller cara ó norte pola estrada LU-750 ata a Muíña onde se aparta á dereita pola estrada LU-5401. Chegando ao Casal hai que desviarse pola CP-54-03 ata a aldea da Cortevella dende onde se divisa cara ó sur o teso onde está o castro.

Descrición

Unha das particularidades deste castro, é que está á beira do Río Eo na zona coñecida como As Retortas, uns meandros bastante pronunciados. O xacemento ocupa a totalidade do teso que vai dar ao río. Hai abundantes restos das paredes e cortes na pena facendo socalcos. Polo único acceso que hai na parte suroeste está o foxo. Hai unhas cristas de rocha que fan de contrafoxos naturais. Está afectado por cableado aéreo. No lume que afectou a zona no 2023, deixou á vista varios paredes. Ten unha conservación aceptable debido a estar nun lugar case illado polo río e de difícil acceso.

Arqueoloxía

Non houbo nel traballos arqueolóxicos.

Outros artigos

Cultura castrexa Castros da provincia de Lugo

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Altitude do punto ≈ 367 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima Meira, a 11,3 km

No concello viven 1.096 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Ao lado deste lugar