Xacemento arqueolóxico

Centro Arqueolóxico de Salinae

Vigo · Pontevedra · 2009

Centro Arqueolóxico de Salinae, xacemento arqueolóxico en Vigo

Foto: Lansbricae from España · CC BY-SA 2.0 · Wikimedia Commons ↗

O Centro Arqueolóxico Salinae (Vigo) é a primeira salina romana de evaporación solar que foi conservada e musealizada do Imperio Romano. É un centro dependente do Museo do Mar de Galicia e da Xunta de Galicia.

Descrición

As salinas foron descubertas en 1998 durante as escavacións da construción dun centro de saúde do Sergas. A intervención arqueolóxica estivo a cargo de J.C. Castro Carrera, da empresa Anta de Moura S.L. Decidiuse modificar o proxecto do centro de saúde para conservar e musealizar o xacemento, para o cal se investiron 1,4 millóns de euros. O proxecto do centro paralizouse en 2001 e, non foi ata finais do 2008 cando estivo preparado para a súa inauguración. A musealización da salina foi levada a cabo pola empresa Ingeniaqed S.A. e, a parte arquitectónica, polo arquitecto G. Santos-Zas. Encóntrase no centro da cidade de Vigo, no 21-23 da rúa Rosalía de Castro, na praza do centro de saúde homónimo. A visita é gratuíta e ofrece a posibilidade de visitas guiadas. O horario de apertura ó público é de martes a domingo de 11 a 14 horas.

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Que é Museo · Sitio arqueolóxico

Forma parte de Xunta de Galicia · Museo do Mar de Galicia

Inaugurado 2009

Altitude do punto ≈ 23 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima Vigo, a 609 m

Camiño de Santiago Caminho Português de Santiago, a 1,1 km

No concello viven 295.735 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaWeb oficialComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar