Biblioteca
Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo
Vigo · Pontevedra · 2010
O Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo alberga unha das coleccións máis amplas de libros de temas feministas en España. Creouse en 2010, está localizado no segundo andar da Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel. Depende da Concellaría de Igualdade do Concello de Vigo.
Historia
Foi inaugurado o 25 de marzo de 2010 e creouse a partir dos 8.500 títulos, 150 revistas e 930 pezas audiovisuais recompilados durante 25 anos polo Grupo de Estudios sobre a Condición da Muller Alecrín. A este material que data desde os anos 80 súmase o fondo documental da Concellaría de Igualdade do Concello de Vigo.
Actividades
O centro de documentación, situado na Biblioteca Pública Central de Vigo é un servizo de xestión de información, documentación e materiais de traballo sobre muller, xénero e igualdade dirixido ao público en xeral ou ao persoal especializado. Ademais dos servizos de atención directa ou telemática, sala de lectura, préstamo e asesoramento documental, o centro realiza actividades de extensión cultural, exposicións, animación, lectura, charlas, debates e obradoiros.
Outros artigos
Rede de Centros de Documentación e Bibliotecas de Mulleres
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Datos
Que é Biblioteca especializada · Biblioteca central
Forma parte de Rede de Centros de Documentación e Bibliotecas de Mulleres
Inaugurado 2010
Altitude do punto ≈ 32 m · Terrain Tiles
Vila máis próxima Vigo, a 133 m
Camiño de Santiago Caminho Português de Santiago, a 1,7 km
No concello viven 295.735 (2025) · IGE
Para ir
Enderezo c/ Joaquín Yañez, 6, 2ª planta_ Edificio Biblioteca Pública Central de Vigo
Chegar en bus
- Praza Porta do Sola 83 mSantiago (por San Lázaro)-Pontevedra-Vigo (por AP-9)(X)
- Praza Porta do Sola 92 mSantiago (por San Lázaro)-Pontevedra-Vigo (por AP-9)(X)
- Náuticoa 207 mCangas de Morrazo E.A.-Bouzas · San Esteban-Bouzas · Cangas de Morrazo E.A.-Bouzas-Hospital Álvaro Cunqueiro · San Esteban-Bouzas
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.