Centro de interpretación

Centro de Interpretación da Lagoa de Antela

Sandiás · Ourense

Aínda non hai foto de Centro de Interpretación da Lagoa de Antela

Se tes unha, súbea a Wikimedia Commons ↗ coas coordenadas postas e chegará soa a este mapa e a calquera outro que use datos abertos. Ou mándanola.

{{Location|42.11082|-7.75668}}

O Centro de Interpretación da Lagoa de Antela, dependente do Concello de Sandiás, máis coñecido como A Casa da Lagoa, é un centro de estudo da lagoa de Antela, situado no centro da vila de Sandiás, nunha antiga casa labrega rehabilitada, no que era a antiga marxe noroeste da lagoa de Antela.

Funcionamento

O concello de Sandiás púxoo en marcha tras ser aprobada unha iniciativa Leader II Val da Limia, de dinamización dos núcleos rurais con propostas culturais. No centro atópase unha exposición sobre a historia da lagoa e as areeiras recuperadas na actualidade. Tamén existen cámaras teledirixidas para observar o que está a acontecer nos espazos húmidos, así como audivisuais sobre a lagoa de Antela, o patrimonio histórico-artístico da zona e sobre as areeiras recuperadas medioambientalmente.

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Altitude do punto ≈ 642 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima Xinzo de Limia, a 5,8 km

Camiño de Santiago Camiño Xabrés por Verín, a 111 m

No concello viven 1.087 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaWeb oficialComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar