Centro de interpretación

Centro de Visitantes Cambón

Vigo · Pontevedra · 2012

Centro de Visitantes Cambón, centro de interpretación en Vigo

Foto: HombreDHojalata · CC BY-SA 3.0 · Wikimedia Commons ↗

O Centro de visitantes do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia é un centro de interpretación aberto en decembro de 2012 na cidade de Vigo, de titularidade autonómica. A temática é o Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia (Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada), o único Parque Nacional en Galicia.

Historia do edificio

Descrición do centro de visitantes

Sitúase no Edificio Cambón (trala Colexiata de Santa María), na rúa Palma da zona antiga. Dotado de área expositiva, auditorio, aulas e zonas de oficinas, fixéronse nel obras de rehabilitación por un importe superior aos catro millóns de euros, achegados polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente. O espazo inclúe pinturas, esculturas, fotografías, vídeos, sons e relevos. Entre o equipamento destacan catro teletransportadores, un por arquipélago, que son cabinas nas que sobe o usuario e experimenta efectos visuais e interactivos. A entrada é gratuíta.

Galería de imaxes

Outros artigos

Casa Galega da Cultura Casa das Artes

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Que é Centro de visitantes

Extensión 1.500 m²

Inaugurado 2012

Quen o coida Xunta de Galicia

Altitude do punto ≈ 28 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima Vigo, a 185 m

Camiño de Santiago Caminho Português de Santiago, a 1,7 km

No concello viven 295.735 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaWeb oficialComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar