Dolmen

Chan da Arquiña

Domaio · Moaña · Pontevedra

Chan da Arquiña, dolmen en Moaña

Foto: José Antonio Gil Martínez from Vigo, Spain · CC BY 2.0 · Wikimedia Commons ↗

Chan da Arquiña é un túmulo con cámara megalítica situado en Domaio, no concello de Moaña. En 2011 foi declarado Ben de Interese Cultural en virtude da resolución do 15 de marzo de 2011, da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia, que ten a intención de protexer algúns dos megálitos coñecidos que conteñen arte rupestre.

Descrición

O monumento está formado por un túmulo de case trinta metros de diámetro, no que sobresae na súa parte superior unha cámara megalítica ou dolmen de corredor. Foi escavada e restaurada nos anos 50 do século XX por Ramón Sobrino Lorenzo-Ruza, que descubriu un enxoval numeroso e de moita calidade, actualmente conservado e parcialmente exposto no Museo de Pontevedra. O lugar onde se sitúa é unha chan ó pé do Faro Domaio, poboada dun agradable souto de castiñeiros. Este feito e a súa coidada restauración convérteno nun monumento megalítico privilexiado para a visita do gran público.

Outros artigos

Megalitismo Megalitismo en Galicia Lista de megálitos de Galicia

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Que é Megálito

Altitude do punto ≈ 544 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima Moaña, a 5,3 km

Camiño de Santiago Camiño Portugués pola Costa - Moaña no Camiño, a 710 m

No concello viven 19.316 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Ao lado deste lugar