Dolmen
Mámoa de Pedralonga
San Xián de Marín · Marín · Pontevedra
Foto: AArizaga · CC BY-SA 3.0 · Wikimedia Commons ↗
A mámoa de Pedralonga é un dolmen situado en San Tomé de Piñeiro (Marín). Forma parte do conxunto de Chan de Castiñeiras, e foi escavado en 1957 por Ramón Sobrino Lorenzo-Ruza.
Descrición
Sitúase preto da lagoa de Castiñeiras. Da mámoa orixinal, duns 15 m de diámetro, consérvase parte da cámara funeraria, danada pola construción dunha estrada. O dolmen está formado por dez ortóstatos de máis dun metro de alto, que delimitan un espazo poligonal de 2,5 m de diámetro, cun corredor orientado ao leste. Consérvase só a metade da tumba, e algúns dos ortóstatos están rotos e volcados. Algunhas das laxes conservan gravados rupestres con liñas onduladas e figuras antropomórficas moi esquemáticas.
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Datos
Que é Túmulo funerario (mámoa)
Forma parte de Chan de Castiñeiras
Altitude do punto ≈ 428 m · Terrain Tiles
Vila máis próxima Marín, a 4,3 km
Camiño de Santiago Camiño Portugués pola Costa - Moaña no Camiño, a 131 m
No concello viven 23.976 (2025) · IGE