Convento

Convento de San Francisco de Tui

Tui · Pontevedra

Convento de San Francisco de Tui, convento en Tui

Foto: Zarateman · CC0 · Wikimedia Commons ↗

O Convento de Santo Antonio, popularmente Convento de San Francisco, é un mosteiro da vila de Tui, construído en 1682. Foi ocupado por membros da Orde dos Freires Menores até ser exclaustrado trala desamortización de Mendizábal. Parte, acolle, desde 1850, o Seminario Menor da diocese de Tui-Vigo, que posúe unha importante biblioteca.

Arquitectura da igrexa

A igrexa consta de tres naves, posúe un estilo neoclásico e unha sinxela torre campanario de dobre corpo e de escasa ornamentación. O seu interior inclínase máis polo barroco que polo neoclasicismo. Conta cun destacado retablo maior barroco realizado en 1741 e a capela da Venerable Orde Terceira, construída en 1777.

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Que é Convento franciscano

Altitude do punto ≈ 44 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima Tui, a 213 m

Camiño de Santiago Caminho Português de Santiago, a 227 m

No concello viven 17.499 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar