Convento
Convento de Santo Agostiño de Pontedeume
Pontedeume · A Coruña
Foto: Luis Miguel Bugallo Sánchez (Lmbuga) · CC BY-SA 3.0 · Wikimedia Commons ↗
O Convento de Santo Agostiño é un edificio de Pontedeume, construído inicialmente para albergar unha comunidade de frades agostiños que o habitaron durante case tres séculos: desde a súa fundación en 1538 polo conde Fernando de Andrade ata a exclaustración de 1835. Na actualidade alberga a Casa da Cultura de Pontedeume.
Historia
Mediante escritura redactada en Pontedeume o 24 de setembro de 1538, o conde de Andrade e Vilalba, don Fernando, comprométese a construír o edificio e a igrexa dun convento nunha horta con casa e valado da súa propiedade, extramuros da vila de Pontedeume. Ademais dótaa con 30.000 marabedís procedentes inicialmente das rendas que o conde posúe nas parroquias de San Pedro de Vilar, Santa María de Centroña e San Martiño do Porto. A Orde de Santo Agostiño comprométese a mandar oito frades, dos cales seis serían cregos, e un prior para residiren no convento. As condicións son aceptadas pola Orde o 5 de decembro de 1538. Finalmente, a requirimento do conde de Andrade, a Orde de Santo Agostiño confirma e aproba as escrituras de fundación e dotación, na vila de Dueñas o 30 de abril de 1540. Cando pouco despois morre o conde estaba sen rematar o edificio, polo cal deixa no seu testamento 200 ducados para finaliza-las obras. Logo da exclaustración de 1835, foi cedido en 1842 para escola de nenas, cuartel e cárcere. En 1848 foron poxados o edificio e a horta que pasaron a mans privadas. O concello recupera a propiedade da horta mediante compra en 1864, destinándoa a espazo público co nome de Alameda de Raxoi, lugar de celebración durante moitos anos de feiras e, ata hai moi pouco, das verbenas das Festas das Peras. En 1867 a igrexa do convento, que non fora poxada, foi derrubada para a apertura da Avenida de Raxoi, agás unha capela que se trasladou pedra a pedra ó novo cemiterio municipal no barrio de Porto. Finalmente na década dos oitenta do século XX o edificio do convento recupera o carácter público ao ser adquirido polo concello para instalar nel a Casa da Cultura do concello.
Descrición
O edificio, de planta rectangular con dous andares, está situado na Praza do Convento. A fachada barroca é da segunda metade do século XVIII. Nela destaca a porta de entrada, cuberta cunha bóveda de crucería. Na fachada posterior son salientábeis os arcos de medio punto da planta baixa e as escaleiras de acceso á primeira planta. A escaleira remata nun balcón corrido con peitoril de pedra, desde o que se aprecia a zona axardinada do recinto na que se expoñen as esculturas do oso e o xabaril, símbolos da casa de Andrade, que se achaban na entrada da ponte do Eume, e a de Afonso X, situada na praza do Convento ata a última remodelación desta. O interior foi rehabilitado para a Casa da Cultura, destacando unha sala de exposicións na planta baixa e un salón de actos no primeiro andar.
Galería de imaxes
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Datos
Que é Antigo convento
Dedicado a Agostiño de Hipona
Uso actual Casa da cultura · Convento · Escola · Centro penal
Altitude do punto ≈ 15 m · Terrain Tiles
Vila máis próxima Pontedeume, a 211 m
Camiño de Santiago Camiño Inglés, a 86 m
No concello viven 7.428 (2025) · IGE
Chegar en bus
- PONTEDEUMEa 120 mA Coruña E.A.-Ferrol E.A. (por Pedrido e Gallada) · A Coruña E.A.-San Isidro-Ferrol E.A. (por Pedrido e Laraxe) · A Coruña E.A.-San Isidro-Ferrol E.A. (por Pedrido e Laraxe) · A Coruña E.A.-Ferrol E.A. (por Pedrido e Neda) · A Coruña E.A.-Ferrol E.A. (por Pedrido e Neda) · Pontedeume-Ferrol E.A.
- IES FRAGA DO EUMEa 127 mIES Fraga do Eume-Centro de interpretación Fragas do Eume · IES Fraga do Eume-Centro de interpretación Fragas do Eume · IES Breamo-A Veiga · IES Breamo-A Veiga
- PONTEDEUMEa 130 mFerrol E.A.-Betanzos-A Coruña E.A. (por AP-9 dende Betanzos) · Ferrol-Santiago-Pontevedra-Vigo (por AP-9) · Ferrol E.A.-Betanzos-A Coruña E.A. (por AP-9 dende Betanzos) · Ferrol-Aeroporto de Lavacolla-Pontevedra-Vigo · Ferrol-Fene-Pontedeume-AP-9-Santiago · Ferrol-Santiago-Pontevedra-Vigo (por AP-9)
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.