Cruceiro

Cruceiro da Burata

Taragoña · Rianxo · A Coruña

Aínda non hai foto de Cruceiro da Burata

Se tes unha, súbea a Wikimedia Commons ↗ coas coordenadas postas e chegará soa a este mapa e a calquera outro que use datos abertos. Ou mándanola.

{{Location|42.68485|-8.83898}}

O cruceiro da Burata é un cruceiro localizado na aldea da Burata, na parroquia de Taragoña (Rianxo).

Descrición

Atópase sobre unha plataforma cuadrangular de dous graos e pedestal cúbico rematado en chafráns e con paramentos recadrados. O seu fuste é de sección cadrada con chafráns, e paramentos recadrados na base; representado con símbolos da Paixón: Martelo, Tenaces, Escada. O seu capitel é cuadrangular decorado con volutas, follas e querubíns; a súa cruz de sección octogonal con remates florenzados. O Cristo Crucificado coas mans abertas e coroa de espiñas. No reverso, atópase a Virxe Dolorosa sobre peaña de querubín, leva as mans con dedos entrelazados, nimbo de raios arredor da cabeza e espada cravada. A carón do cruceiro hai un peto de ánimas con representacións do purgatorio.

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Altitude do punto ≈ 13 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima Rianxo, a 4,3 km

Camiño de Santiago Camiño A Orixe, a 85 m

No concello viven 10.755 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar