Hórreo

Hórreo do Araño

O Araño · Rianxo · A Coruña

Hórreo do Araño, hórreo en Rianxo

Foto: Lameiro · Public domain · Wikimedia Commons ↗

O hórreo do Araño é un hórreo galego situado na contorna da casa reitoral do Araño, no concello de Rianxo. Considerado como o máis grande de Galicia.

Descrición

Construído a finais do século XVIII, entre os anos 1784 e 1805, sendo o crego da parroquia Rafael López Lago, quen o mandou erixir. A base pechada conforma un celeiro feito de cachotaría, coas escaleiras de acceso incorporadas. O tornarratos é corrido, prolongación do chan da cámara, feita de cantaría. A cámara está pechada con perpiaños horizontais colocados en ringleira, sen remarcar as columnas. O tellado leva sobrepena baixo o beiril. Ámbalas dúas cabeceiras teñen como remate unha cruz flanqueada por dous pináculos rematados en bóla. Considerado como o hórreo máis longo de Galicia, sendo a lonxitude da cámara 36,75 metros (contando a base acada os 37,05 m). É tamén o hórreo de máis capacidade, albergando un volume de 109,31 m3. O celeiro ten unha capacidade adicional de 59,09 m3.

Hórreo Vivo

Celébrase na contorna do hórreo o festival Hórreo Vivo para desfrutar de música en galego, reivindicar a cultura do lugar e poñer en valor do patrimonio etnográfico do Araño, organizado pola Asociación Cultural Carballeira de Baia, en colaboración coa Asociación de Veciños e Veciñas do Araño e mais a Comunidade de Montes do Araño.

Outros artigos

Hórreo galego

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Que é Hórreo galego

Tellado A dúas augas · sobre pés

Altitude do punto ≈ 120 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima Rianxo, a 5,2 km

No concello viven 10.755 (2025) · IGE

Para ir

Enderezo 15984, Rianxo

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar