Cruceiro
Cruceiro da Costa
Castrelos · Vigo · Pontevedra · 1641
Foto: Mestresgoldar · CC BY-SA 3.0 · Wikimedia Commons ↗
O Cruceiro da Costa é un cruceiro que constitúe unha das manifestacións máis importantes da arte popular da parroquia de Castrelos, Vigo, vinculada á relixiosidade e ás crenzas do pobo. Está situado no lugar da Costa.
Descrición
Érguense encol de tres chanzos cuadrangulares. A base serve de apoio á columna. Ten forma cúbica cos bordos achafranados. Nas súas caras aparece esta inscrición: hesta obra hizo fr.loren gabriel biela pr de estaei asia de l abito de san an a su deboción ano 1641. A data de 1641 fai que sexa co do atrio de Coruxo, o máis antigo da zona de Vigo, dos que se coñeza a súa construción. O capitel leva volutas nos ángulos. Na cara oeste presenta a cruz de Malta, da orde de San Xoán á que pertencía o doador. Na parte sur hai cinco cunchas xacobeas. No lado leste aparece o sol, a lúa, estrelas, unha árbore e dous animais. Na cara norte, unha cruz grega e outros animais. No reverso da cruz aparece a Virxe da Piedade, unha figura estilizada da Virxe sostendo a Cristo coa man sobre a cintura. Debaixo da escena hai un anxo querubín. As procesións que saen da igrexa de Santa María de Castrelos pasan por diante e detéñense neste lugar. Ata hai algúns anos tamén paraban os enterros e aquí rezábanse unhas oracións; pero agora como os cadáveres se trasladan en coche, este costume xa se perdeu.
Galería de imaxes
Outros artigos
Cruceiro As cruces de pedra na Galiza
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Datos
Altitude do punto ≈ 95 m · Terrain Tiles
Vila máis próxima Pereiró, a 664 m
Camiño de Santiago Camiño Portugués da Costa, a 168 m
No concello viven 295.735 (2025) · IGE
Chegar en bus
- Pereiróa 661 mGondomar E.A.-Rúa Areal · Vigo E.I.-Gondomar E.A.-Morgadáns-Gondomar E.A.-Vigo E.I. · Ponte Internacional-Malvas-Tui-Mosende-Alto de San Colmado-CUVI-Vigo E.I. · Tomiño-Couso-Gondomar-Vigo E.I. · Tomiño-Couso-Morgadáns-Gondomar-Vigo E.I. · Fornelos-Rosal-Tomiño-Couso-Gondomar-Vigo E.I.
- Pereiróa 672 mGondomar E.A.-Rúa Areal · Vigo E.I.-Gondomar E.A.-Morgadáns-Gondomar E.A.-Vigo E.I. · Ponte Internacional-Malvas-Tui-Mosende-Alto de San Colmado-CUVI-Vigo E.I. · Tomiño-Couso-Gondomar-Vigo E.I. · Fornelos-Rosal-Tomiño-Couso-Gondomar-Vigo E.I. · Tomiño-Couso-Morgadáns-Gondomar-Vigo E.I.
- Praza As Travesasa 1,2 kmSantiago-Padrón-Caldas-A Xunqueira-Vigo · A Xunqueira-Vigo
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.