Cruceiro
Cruceiro de capela da Laxe Pequena
Rianxo · A Coruña · 1600
Aínda non hai foto de Cruceiro de capela da Laxe Pequena
Se tes unha, súbea a Wikimedia Commons ↗ coas coordenadas postas e chegará soa a este mapa e a calquera outro que use datos abertos. Ou mándanola.
{{Location|42.67691|-8.81257}}
O cruceiro da Laxe Pequena é un cruceiro de capela situado no lugar da Laxe Pequena, na parroquia rianxeira de Taragoña.
Descrición
Sostense nunha plataforma cuadrangular de tres graos e de amplas dimensións. Ten fuste octogonal de grosa sección, con catro cunchas de vieira na súa zona alta. A capeliña moi ornamentada, está formada por: Unha base troncopiramidal invertida, dúas caras laterais, unha traseira e unha lousa de teito; a base porta tres querubíns en tres das catro caras, o lateral dereito posúe un baixorelevo de Santiago Apostol, o lateral esquerdo relevo de santo (probabelmente San Francisco), a traseira relevo de Cristo cos Cruz a costas e o teito simula unha bóveda de crucería rebaixada. No interior da capeliña hai unha imaxe da Virxe. Remata o conxunto coa cruz que é de sección octogonal, cos remates dos brazos florenzados e cun Cristo Crucificado ten as mans pechadas, pano de pureza anoado, leva coroa de espiñas e cartela de INRI. Este cruceiro debe de ser moi antigo, posibelmente do século XVI.
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Chegar en bus
- Outeiroa 451 mSantiago E.I.-Lestrobe-Araño-Ribeira E.A. · Santiago E.I.-Lestrobe-Araño-Ribeira E.A. · Santiago E.I.- Araño- Ribeira E.A. · Santiago E.I.- Araño- Ribeira E.A. · Rianxo (centro saúde)-Traba (cruzamento) · Santiago E.I.-Lestrobe-Araño-Ribeira E.A.
- Fachána 527 mCEP Xosé María Brea Segade-Ponte de Té · Centro saúde Rianxo-CEP Xosé María Brea Segade-Traba (cruzamento) · CEP Xosé María Brea Segade-Ponte de Te-Campo de Pazos · Rianxo (centro saúde)-Taragoña (colexio) · Rianxo (centro saúde)-Taragoña (colexio)
- O Buratoa 706 mCEP Xosé María Brea Segade-Ponte de Té · Centro saúde Rianxo-CEP Xosé María Brea Segade-Traba (cruzamento) · CEP Xosé María Brea Segade-Ponte de Te-Campo de Pazos · Rianxo (centro saúde)-Taragoña (colexio) · Rianxo (centro saúde)-Taragoña (colexio)
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.