Monumento
Dinoseto
Vigo · Pontevedra · 2000
Foto: Roi González Villa (Vivaelcelta) · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗
O Dinoseto é un arbusto con forma de dinosauro que se exhibe no centro da cidade de Vigo.
Historia
A súa primeira localización foi na rúa Rosalía de Castro da cidade debido a unha equivocación da empresa encargada da súa instalación, xa que debía situarse de xeito inicial nun parque infantil situado na parroquia de Navia, nos arrabaldes da cidade. Porén, o Dinoseto converteuse de xeito inmediato nun éxito nas redes sociais, o que provocou que se situase de xeito permanente no casco urbano da cidade, concretamente na céntrica Porta do Sol. É neste lugar onde se pode visitar actualmente e no que se converteu nunha das grandes atraccións turísticas da cidade, converténdose en tradición que os turistas se fagan un selfie na plataforma que se atopa situada ó carón da escultura, como foi o caso de Pedro Sánchez, candidato por aquel intre á presidencia do goberno español polo Partido Socialista Obrero Español nas eleccións xerais do ano 2016, durante a súa visita á cidade no mes de maio do mesmo ano, ou os músicos Luis Fonsi e James Rhodes, no 2017 e 2018 de xeito respectivo. Como consecuencia da súa popularidade, o Concello de Vigo colocou novos sebes con forma de dinosauro, como é o caso do Rinoseto (con forma de triceratops en Navia) ou o do Dinosetiño, situado ó carón do Dinoseto orixinal na Porta do Sol da cidade.
Videoxogo
Debido á popularidade do Dinoseto na cidade de Vigo e nos concellos da súa área de influencia, en xaneiro do ano 2017 e após un ano de traballo, o enxeñeiro redondelán Xavier Souto rematou o desenvolvemento do videoxogo Dinoseto vs The World, que consiste en evitar obstáculos mentres o usuario manexa o Dinoseto por diversos escenarios da cidade de Vigo. O xogo está actualmente dispoñíbel de balde para o sistema operativo Android.
Galería de imaxes
Outros artigos
O Sereo Oliveira de Vigo Porta do Atlántico
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Datos
Que é Sebe
Altitude do punto ≈ 33 m · Terrain Tiles
Vila máis próxima Vigo, a 83 m
Camiño de Santiago Caminho Português de Santiago, a 1,6 km
No concello viven 295.735 (2025) · IGE
Chegar en bus
- Praza Porta do Sola 14 mSantiago (por San Lázaro)-Pontevedra-Vigo (por AP-9)(X)
- Praza Porta do Sola 20 mSantiago (por San Lázaro)-Pontevedra-Vigo (por AP-9)(X)
- Náuticoa 242 mCangas de Morrazo E.A.-Bouzas · San Esteban-Bouzas · Cangas de Morrazo E.A.-Bouzas-Hospital Álvaro Cunqueiro · San Esteban-Bouzas
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.