Dolmen

Dolmen de Axeitos

San Martiño de Oleiros · Ribeira · A Coruña

Dolmen de Axeitos, dolmen en Ribeira

Foto: Arturo Nikolai · CC BY-SA 2.0 · Wikimedia Commons ↗

O dolmen de Axeitos é un dos monumentos funerarios megalíticos de Galicia máis coñecidos. Sitúase na parroquia de San Martiño de Oleiros, no concello de Ribeira. Está datado no IV milenio a. C.

Descrición

De pequenas dimensións, destaca polo seu equilibrio de formas. Estrutúrase nunha planta poligonal con corredor formada por sete ortóstatos. Sitúase coa orientación leste tradicional neste tipo de megálitos. Ata o momento, non se teñen noticias de ningún achado no seu recinto pero suponse que a ausencia de enxovais funerarios é consecuencia das espoliacións ás que foron e seguen sometidas os monumentos megalíticos. Ata hai algúns anos[cando?], a 50 metros do dolmen levantábase unha rocha de 3 x 4 metros que presentaba gravadas en dúas das súas caras as figuras de tres cabras, dúas delas en actitude de marcha e a outra expectante. A maior destas figuras medía 1 metro e 5 centímetros de lonxitude por 80 centímetros de altura. Na actualidade a rocha está destruída. É propiedade da Deputación da Coruña.

Galería de imaxes

Outros artigos

Megálito Dolmen Lista de megálitos de Galicia

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Que é Megálito

Protección Ben de Interese Cultural

Altitude do punto ≈ 41 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima Santa Uxía de Ribeira, a 5,2 km

Camiño de Santiago Camiño A Orixe, a 1 km

No concello viven 27.110 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar