Monte e serra
Monte da Cidá
Artes · Ribeira · A Coruña · 209 m

Foto: Luis Miguel Bugallo Sánchez (Lmbuga) · CC BY-SA 3.0 · Wikimedia Commons ↗
O monte da Cidá é un monte de 213 metros de altitude na parroquia de Carreira, no concello coruñés de Ribeira. No seu cumio atópanse os restos do castro do Monte da Cidá, un poboado castrexo da Idade de Ferro escavado en 2014 e 2015. Tamén hai mámoas do período Neolítico. Dende o seu miradoiro, chamado A Pedra da Rá, pódese ollar a totalidade do Parque Natural do complexo dunar de Corrubedo e as lagoas de Carregal e Vixán, así como as parroquias de Artes, Carreira e Aguiño. Asemade hai unhas estupendas vistas da bocana da ría de Arousa, as illas de Sálvora, Ons e Cíes.
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Datos
Que é Montaña
Altitude 209 m
Vila máis próxima Santa Uxía de Ribeira, a 1,9 km
Camiño de Santiago Camiño A Orixe, a 713 m
No concello viven 27.110 (2025) · IGE
Chegar en bus
- Friónsa 1,1 kmOs Muíños-Oleiros-Ribeira E.A. · Ribeira E.A.-Touro-Frións · Aguiño-Frións · Padín-Frións · Os Muíños-Oleiros-Ribeira E.A. · Padín-Frións
- Praia do Vilara 1,1 kmRibeira E.A.-Praia do Vilar · Ribeira E.A.-Praia do Vilar
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.