Dolmen
Dolmen de Pedra Moura
Laxe · A Coruña

O dolmen de Pedra Moura é un monumento megalítico situado na parroquia de Aldemunde (Carballo). Forma parte do futuro Parque Arqueolóxico do Megalitismo da Costa da Morte.
Características
O dolmen de Pedra Moura é un dos máis grandes de Galicia, conta unhas dimensións de 2,40 m por 3,20 m. O túmulo está desaparecido e os ortóstatos foron movidos, só dous están na súa localización orixinal e só conserva cinco dos sete chantos que o conformaban inicialmente. O máis alto chega aos 2,30 m de altura. Segundo a lenda, a pedra foi traída por unha moura, que a trouxo na cabeza mentres fiaba nunha roca e daba de mamar a un bebé .
Outros artigos
Megálito Dolmen Lista de megálitos de Galicia
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗