Pazo
Pazo de Soesto
Laxe · A Coruña

O Pazo de Soesto ou Pazo de Leis (tamén chamado do Rueiro, de Posse, ou de Branco-Raxoi) é un pazo situado no val de Soesto (Val de Traba, Val de Laxe) no lugar do Rueiro, na parroquia de Soesto, no concello coruñés de Laxe. É de propiedade privada. == Historia == No mesmo lugar no que hoxe se ergue o pazo, a tradición sinala (e, ao parecer, documentos da época[Cómpre referencia]) que foi anteriormente ocupado por unha residencia rexia, ocupada en certas ocasións polo rei de Galiza e León Afonso IX (1171-1230). Porén disque xa antes Afonso VII (1105-1157) (primeiro Rei de Galiza (1111), despois de Castela e León (1126) e, finalmente, Emperador en 1135) morara nesta casa e baixo tutela do Conde de Traba no Mosteiro de Moraime, moi achegado ao pazo. O edificio actual foi construído no ano 1570 por Gonzalo Posse o Vello. En 1576 ergueu unha capela lateral advocada á Virxe do Rosario na Igrexa Parroquial de Santo Estevo de Soesto. A finais do século XVII, Teresa Posse Pérez de Antelo casa con Rodrigo de Leis-Vilardefrancos, descendente da casa de Mordomo-Traba. O pazo pasou varios séculos en mans dos diferentes herdeiros até que en 1887 Josefa Vicenta Gutiérrez de Caviedes e Leis escriturouno a favor dun avogado de Verín, sobriño do seu home, Ramón Blanco-Rajoy Poyán, coma pagamento dunha débeda. == Estilo == O pazo, de cantaría de granito, é de sobria elegancia, sen ameas e fachadas con escasa decoración agás o escudo de armas da familia Leis (un piñeiro e unhas lanzas). O estilo é sinxelo cun bo traballo da pedra, e con algúns elementos grandiosos como os grandes perpiaños de granito ou as grandes chemineas. A planta é rectangular e posúe dous andares, agás centro, onde ten un pequeno corpo de torre de tres andares. Posúe tamén unha galería. Conta cun xardín de hortensias e palmeiras e cun pombal, todo arrodeado dun rexo muro de pedra. == Notas == == Véxase tamén == === Ligazóns externas === Páxina con información e fotos do pazo en Laxe.com Arquivado 25 de agosto de 2015 en Wayback Machine.
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Chegar en bus
- Serantes (glorieta)a 470 mIES Maximino Romero de Lema-Ponteceso · IES Maximino Romero de Lema-Ponteceso
- Baio (cruzamento)a 484 mCORUÑA E.A.-CORME-MUXÍA · CORUÑA E.A.-MALPICA-MUXÍA
- Baio (cruzamento)a 497 mCORUÑA E.A.-LAXE-MUXÍA · IES Maximino Romero de Lema-Ponteceso · IES Maximino Romero de Lema-Ponteceso · CORUÑA E.A.-CORME-MUXÍA · CORUÑA E.A.-RONDA DE OUTEIRO-LAXE-MUXÍA
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.