Monte e serra
Dorsal galega
Santa Baia de Camba · Rodeiro · Pontevedra · 1181 m
Foto: Edoarado · CC BY-SA 3.0 · Wikimedia Commons ↗
Dorsal galega é o nome que recibe unha cadea montañosa de 210 quilómetros de lonxitude que se estende de norte a sur por Galiza, concretamente de Estaca de Bares á fronteira que o río Miño delimita con Portugal.
Características
Está formada por un importante número de serras, entre as que destacan a serra da Faladoira, a serra da Loba, a serra do Faro de Avión, a serra do Candán ou os montes da Paradanta. Conforme avanza cara ao sur, vaise facendo máis e máis ampla, e tamén con picos de maior altitude, sobre todo nas zonas da serra do Faro e o Faro de Avión. A dorsal como tal elevouse a finais do período terciario, sobre unha cadea montañosa anterior xa moi erosionada. Hoxe presenta un relevo suave, pendentes moderados e chairas nos altos. Está conformada por rochas diversas, entre as que destacan as silíceas, é dicir, xistos, cuarcitas, granito, gneis ou peridotitas. O bloque exerce un importante papel como barreira climática entre a Galiza atlántica e a interior. Por outra banda, cómpre sinalar que nas súas vertentes orientadas ao mar e principalmente cara ao sur, é onde se dá a maior pluviosidade do país.
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Datos
Que é Serra
Lonxitude 210 m
Altitude 1181 m
Vila máis próxima Chantada, a 10,5 km
Camiño de Santiago Camiño de Inverno, a 467 m
No concello viven 2.251 (2025) · IGE