Lago, lagoa e encoro

Encoro de Santiago

Valencia do Sil · Vilamartín de Valdeorras · Ourense · 300 m

Encoro de Santiago, lago, lagoa e encoro en Vilamartín de Valdeorras

Foto: Mayterios · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗

O encoro de Santiago é unha presa artificial no río Sil, sita no concello de Vilamartín de Valdeorras, na parte oriental da provincia de Ourense e está destinada á produción de enerxía eléctrica.

Construción

Este encoro foi rematado de construír no ano 1968, pola empresa Saltos del Sil, sendo o seu propietario actual Iberdrola.

Características técnicas

A altura da presa é de 21 m, cunha lonxitude de 147 m, represando unha media de 2 hm3 de auga, que ocupan unha superficie estimada en 53 ha.

Valor ecolóxico

O encoro constitúe unha zona húmida que serve de refuxio para especies singulares de aves, especialmente anátidos e limícolas.

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Que é Encoro

Altitude 300 m

Vila máis próxima Vilamartín, a 1,7 km

Camiño de Santiago Camiño de Inverno, a 49 m

No concello viven 1.821 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar