Ponte histórica
Ponte da Cigarrosa
Petín · Ourense
Foto: Estevoaei · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗
A ponte da Cigarrosa é unha construción do século XVI que cruza o río Sil entre as parroquias de Petín e A Rúa de Valdeorras. Ten cinco arcos de diferente tamaño e forma, con catro piares tamén desiguais.
Historia
Ten a súa orixe nunha construción anterior romana feita durante os reinados de Tito e Domiciano como parte da Vía Nova do itinerario de Antonino entre Braga e Astorga. Foi reconstruída en 1577 por Juan de Náveda e reformada un século despois. Da época romana consérvanse no segundo piar cinco fileiras de bloques e os alicerces do cuarto piar, se ben adoitan estar cubertas pola auga. A ponte recibe o seu nome da mansión de Forum Cigurrorum, pois a zona estaba habitada pola tribo dos guigurros. A carón da ponte atopáronse unha lápida e uns mosaicos de época romana, conservados no Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense. En 2022 atopouse un miliario.. Os cinco arcos teñen luz variable. Os catro piares teñen tallamares triangulares augas arriba, e dous tallamares augas abaixo. Catro dos arcos son apuntados, mentres que o arco segundo, que é o de maior luz, é de medio punto. O quinto arco está moi reformado, xa que foi recuberto de formigón respectando a primitiva forma apuntada ao construír o encoro de San Martiño a mediados do século XX. Pola contra, o terceiro arco ten moi pouca luz comparado cos demais arcos. Os tallamares son triangulares-apiramidados, mais debido ás sucesivas restauracións que sufriu a ponte amosan unha acusada desigualdade, non só no trazado senón tamén da fábrica construtiva. A mediados do século XIX configurouse a estrada de segunda orde Ponferrada-Ourense, que discorría pola ponte. En 1904 levouse a cabo unha reparación dirixida por Manuel Díez Sanjurjo. A partir de 1941, tras a aprobación do Plan Peña, a estrada pasou a nomearse N-120, e xa en 1987 pasou a formar parte da OU-533, se ben por entón se construíu outra ponte paralela augas abaixo, polo que é de uso peonil.
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Datos
Que é Ponte
Forma parte de Vía Nova
Paredes Pedra
Altitude do punto ≈ 288 m · Terrain Tiles
Vila máis próxima Petín, a 670 m
Camiño de Santiago Camiño de Inverno, a 538 m
No concello viven 854 (2025) · IGE
Chegar en bus
- Petín (cruzamento)a 165 mA Gudiña E.A.-O Barco de Valdeorras E.A. · A Pobra de Trives-O Barco de Valdeorras E.A. · Viana do Bolo E.A.-O Barco de Valdeorras E.A. · A Gudiña E.A.-O Barco de Valdeorras E.A. · O Barco de Valdeorras E.A.-O Bolo (concello) · A Rúa E.A.-Tuxe (estrada Cambela)
- Petína 192 mLarouco-O Barco de Valdeorras E.A. · Freixido-CEIP Manuel Respino · Larouco-O Barco de Valdeorras E.A. · Freixido-CEIP Manuel Respino
- Petín (cruzamento)a 224 mA Pobra de Trives-O Barco de Valdeorras E.A. · A Gudiña E.A.-O Barco de Valdeorras E.A. · A Gudiña E.A.-O Barco de Valdeorras E.A. · A Gudiña E.A.-O Barco de Valdeorras E.A. · Viana do Bolo E.A.-Freixido-O Barco de Valdeorras · A Gudiña E.A.-O Barco de Valdeorras E.A.
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.
Ao lado deste lugar
Encoro de San MartiñoLago, lagoa e encoro
Encoro de SantiagoLago, lagoa e encoro- Estación da Rúa - PetínEstación de tren e apeadoiro
Igrexa da Nosa Señora de Fátima de FonteiIgrexa
Igrexa de Santo Antonio de San Miguel do OuteiroIgrexa
Igrexa de Santo Estevo da Rúa de ValdeorrasIgrexa
Igrexa do Sagrado Corazón de Xesús de FreixidoIgrexa
Igrexa de Santa Mariña de SeadurIgrexa