Lago, lagoa e encoro

Encoro de Vilasouto

Vilasouto · O Incio · Lugo

Aínda non hai foto de Encoro de Vilasouto

Se tes unha, súbea a Wikimedia Commons ↗ coas coordenadas postas e chegará soa a este mapa e a calquera outro que use datos abertos. Ou mándanola.

{{Location|42.66227|-7.41886}}

O encoro de Vilasouto é un pantano artificial situado no concello do Incio, na provincia de Lugo, entre as parroquias de Vilasouto, Eirexalba e Goo, que forma parte da conca do río Mao. Ten unha capacidade máxima de 21 hm³ e ocupa unha extensión de 111 ha, cunhas dimensións de 2 km de longo e 1,5 km de ancho, aproximadamente. Construíuse en 1969, coa intención de solucionar os problemas de abastecemento de auga de boa parte da Terra de Lemos, mediante o regadío do Val de Lemos. O encoro anegou terras e vivendas, afectando sobre todo ás parroquias de Vilasouto, Eirexalba e Goo, sendo os núcleos do Barreal, A Illeira e Outeiro os máis afectados. O encoro tamén asolagou na paraxe coñecida como Agro do Pepe rochas con petróglifos que quedan mergulladas durante as épocas de intensas choivas. Tamén quedou en desuso a antiga igrexa de San Mamede de Vilasouto, construíndose unha nova no centro da vila actual.

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Que é Encoro

Altitude do punto ≈ 467 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima Sarria, a 12,8 km

No concello viven 1.511 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar