Igrexa
Igrexa de Santa María de Goo
Goo · O Incio · Lugo
Foto: Estevoaei · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗
A igrexa de Santa María de Goo é o templo parroquial de Goo (O Incio). Mantén en bo estado a primitiva fábrica do románico tardío, agás na fachada, no acceso principal e no vello campanario, reconstruído a mediados do século XVIII.
Arquitectura
O templo é de planta rectangular, con muros feitos de laxas de lousa e rematados por unha cornixa corrida sobre modillóns biselados. En cada lateral hai cadansúa ventá rematada en arco de medio punto con amplo derramo interior. Pódese admirar o arco triunfal que parte dunhas pilastras lisas e remata en arco de medio punto, mentres que a ábsida pola súa parte exterior atópase reforzada por seis contrafortes levantados ao longo do seu perímetro. A sancristía é moi posterior ao templo e constitúe un mero engadido ao mesmo. A pobreza dos materiais empregados e unha case total ausencia de motivos decorativos chocan notablemente coa riqueza artística e ornamental dos seus retablos. No interior, atopamos o retablo maior que ocupa toda a parte posterior da ábsida, á que se adapta totalmente. Consta de cinco fornelas separadas entre elas por seis columnas salomónicas. Caracterízao un puro estilo rococó, e posiblemente foi tallado cara aos primeiros anos do século XVIII. Atópase un interesante sagrario cunha portiña que ten unha representación do Agnus Dei e anxelotes. O retablo lateral esquerdo, ao igual que maior, foi realizado sobre a segunda metade do século XVIII, pero cunha decoración máis austera. Na parte inferior deste retablo atópase unha serie de pequenas escenas da Paixón do Señor.
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Datos
Leva o nome de Santa María
Altitude do punto ≈ 563 m · Terrain Tiles
Vila máis próxima Sarria, a 11 km
No concello viven 1.511 (2025) · IGE
Chegar en bus
- LEBASTEa 800 mO Incio-Rendar II · O Incio-Rendar II
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.
Ao lado deste lugar
Castro de FormigueirosCastro
Zona especial de conservación do río CabeEspazo protexido- Necrópole de Santa MariñaNecrópole
- Encoro de VilasoutoLago, lagoa e encoro
Igrexa vella de San Mamede de VilasoutoIgrexa
Igrexa de San Xoán de BardaosIgrexa
Igrexa de Santo Tomé de Castelo de SomozaIgrexa
Igrexa de Santa Cruz do IncioIgrexa