Xacemento arqueolóxico
Ermida da Estrela de Corme
Corme Aldea · Ponteceso · A Coruña
Aínda non hai foto de Ermida da Estrela de Corme
Se tes unha, súbea a Wikimedia Commons ↗ coas coordenadas postas e chegará soa a este mapa e a calquera outro que use datos abertos. Ou mándanola.
{{Location|43.25997|-8.95512}}
A Ermida da Estrela, tamén coñecida como ermida da Virxe da Estrela, foi un templo relixioso situado na Illa da Estrela, fronte á praia da Ermida, na parroquia de Corme Aldea, no concello de Ponteceso. Na actualidade atópase desaparecida, conservándose unicamente restos da súa planta e da cimentación entre os afloramentos rochosos do illote. A ermida erguíase na Illa da Estrela, un pequeno illote rochoso situado na entrada da ría de Corme e Laxe, a escasa distancia da praia da Ermida. O enclave forma parte dun espazo de elevado interese paisaxístico e arqueolóxico, xa que no mesmo illote se localiza tamén un castro costeiro.
Historia
A documentación histórica acredita a existencia da ermida, cando menos, desde o século XVI. Estaba dedicada á Virxe da Estrela e mantivo unha importante vinculación coa tradición mariñeira da costa de Corme, sendo considerada un lugar de devoción para mariñeiros e romeiros, así como un espazo relacionado coa memoria dos náufragos. Un documento conservado no Arquivo da Catedral de Santiago, datado en 1548, menciona o santuario co nome de Santa María de Viastela, topónimo que diversos investigadores interpretan como derivado do latín Via Stellae («Camiño da Estrela»), o que foi relacionado coa tradición xacobea e coa navegación atlántica.
Estado de conservación
O edificio desapareceu co paso do tempo como consecuencia da acción do mar, da erosión e do espolio dos seus materiais. Na actualidade só son visibles restos moi alterados da planta da ermida, integrados no xacemento arqueolóxico da Illa da Estrela. A ermida figura inventariada no Catálogo de bens de valor cultural no litoral da Xunta de Galicia e conta cun contorno de protección debido ao seu interese histórico, arqueolóxico e paisaxístico.
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Datos
Que é Capela
Altitude do punto ≈ 0 m · Terrain Tiles
Vila máis próxima O Porto de Corme, a 838 m
Ruta que pasa preto O Camiño dos Faros, a 172 m
No concello viven 5.260 (2025) · IGE
Chegar en bus
- Corme (consultorio)a 722 mCEIP As Forcadas-Guxín · CEIP As Forcadas-Guxín
- Cormea 843 mIES EDUARDO PONDAL-CORME · CEIP As Forcadas-Guxín · IES Eduardo Pondal-Corme · CEIP As Forcadas-Guxín
- Corme Portoa 916 mCarballo E.A.-Corme-Malpica-Laxe · Carballo E.A.-Coristanco-Corme Porto · Carballo E.A.-Corme-Laxe · CEIP As Forcadas-Guxín · CEIP As Forcadas-Guxín · CORUÑA E.A.-CORME-MUXÍA
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.
