Praia

Praia de Rebordelo

Canduas · Cabana de Bergantiños · A Coruña

Praia de Rebordelo, praia en Cabana de Bergantiños

Foto: Diego Romar Cabaleiro · CC BY-SA 3.0 · Wikimedia Commons ↗

A praia Rebordelo é un areal situado na parroquia de Canduas, en Cabana de Bergantiños. Está bañada polas augas do océano Atlántico onde se forma a ría de Corme e Laxe en plena Costa da Morte. Ten un fácil acceso dende o lugar de Rebordelo e é a praia máis visitada polos veciños cabaneses e polos turistas, debido en gran parte a que esta salvagardada de case todos os tipos de vento. Nesta praia desemboca o rego de Rebordelo, e tamén ten unha fervenza natural de augas claras. Entre a súa flora e fauna están as especies comúns de moitos areais galegos, con peixes como a maragota (Labrus bergylta), a robaliza (Dicentrarchus labrax) ou o sargo (Diplodus sargus); crustáceos como o camarón, cangrexo e boi; moluscos como o mexillón (Mytilus galloprovincialis) a lapa ou o percebe; e aves como a gaivota, o corvo mariño ou o mazarico. Conta cun pequeno aparcadoiro e duchas, e no verán con servizo de socorrismo. É a única praia de Cabana que ten grellas e mesas. Por esta praia pasa a 3ª etapa da ruta de sendeirismo do Camiño dos Faros.

Véxase tamén

Outros artigos

Praia da Guieira Camiño dos Faros

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Que é Praia de area dourada · Praia de rochas

O chan Area

Lonxitude 250 m

Altitude do punto ≈ 5 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima Laxe, a 3,2 km

Ruta que pasa preto O Camiño dos Faros, a 100 m

No concello viven 4.068 (2025) · IGE

Para ir

Enderezo 15116, Cabana de Bergantiños

Socorrismo Non

Ver no mapaLer na WikipediaWeb oficialComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar