Estadio
Estadio de Riazor
A Coruña · 1944
Foto: Albert galiza · CC BY-SA 3.0 · Wikimedia Commons ↗
O Estadio Municipal de Riazor é un estadio público destinado principalmente á práctica de fútbol profesional masculino, situado na cidade da Coruña, inaugurado o 28 de outubro de 1944. Nel, xoga como os seus partidos como local o primeiro equipo masculino do Real Club Deportivo da Coruña. Ten capacidade para 32.490 espectadores sentados (logo das reformas de 1982, 1998 e 2018) e un terreo de xogo de 105×68 metros. Trátase do estadio con maior capacidade de Galicia. O seu enderezo é Rúa de Manuel Murguía, s/n 15011, A Coruña. Por motivos de patrocinio, desde 2017 é denominado Abanca-Riazor, mais única e exclusivamente nos partidos que xoga o Deportivo.
Historia
Desde 1909 o Deportivo xogaba os seus partidos como equipo local no antigo campo de Riazor, situado nos terreos nos que actualmente se ergue o colexio das Escravas, a escasos metros do lugar onde se levantou o actual estadio inaugurado en 1944.
1.ª Etapa: Proxecto e construción orixinais
Aínda que a idea da construción dun estadio na Coruña levaba anos circulando, esta non se materializou ata a chegada ao concello do responsable de obras públicas José Pérez-Ardá, grande impulsor do proxecto. O concello adquiriu os terreos por unhas 300.000 pesetas, facéndose efectiva a compra o 3 de marzo de 1939. Así, o proxecto do novo Stadium Municipal foi redactado polo arquitecto Santiago Rey Pedreira en xuño de 1939 e as obras deron comezo o ano seguinte. Durante o proceso de execución, ante a necesidade de resgardar as autoridades das inclemencias atmosféricas, ao proxecto inicial incorporóuselle unha cuberta na zona da tribuna de honra, no ano 1941. A trama urbana que tiña que soportar a construción do estadio correspondíase coa dun trazado de ensanche, en concreto de ampliación do Ensanche, na cal o tamaño dos quinteiros era escaso para aloxar dimensionalmente a instalación deportiva, o que fixo precisa a agregación de tres quinteiros, resultando unha única de formato rectangular. Nela dispúxose un rectángulo de 320 × 130 metros, contornado por unha tapia, co seu eixe principal paralelo á Avenida da Habana, límite norte da Cidade Xardín. No interior do pechamento foran dispostas diversas instalacións deportivas: campo de fútbol, campos de adestramento, campos de hóckey a patíns e tenis, pistas de atletismo, e un frontón descuberto para o xogo de pelota. O Stadium Municipal foi, por tanto, concibido como unha cidade deportiva. A inauguración do novo terreo de xogo produciuse o 29 de outubro de 1944, cun partido entre o Deportivo e o Valencia, no que realizou o saque de honra o directivo e exfutbolista Virgilio, quen disputara como xogador o primeiro partido do vello campo de Riazor en 1909. Os coruñeses caeron derrotados por 2-3, sendo o valenciano Vicente Hernández o autor do primeiro gol no estadio. O enorme tamaño do novo estadio, con capacidade para máis de 60 000 espectadores de pé, permitiu a celebración nas súas instalacións de partidos internacionais, sendo o primeiro deles un España-Portugal celebrado o 6 de maio de 1945, e no que venceu a selección española por 4-2. Do mesmo xeito permitía a celebración de finais de torneos oficiais, sendo a primeira a final da Copa do Xeneralísimo da tempada 1946-47, que enfrontou o Real Madrid e o Espanyol, e que gañaron os primeiros por 2-0.
2.ª Etapa: Reforma para o Mundial '82
No ano 1979 o pleno municipal aprobou o encargo da redacción dun proxecto de remodelación, de xeito que servira para abrigar unha das sedes do campionato mundial de 1982. Aínda que no proxecto orixinal a obra afectaba exclusivamente ás bancadas de Tribuna e Marathon, defectos estruturais graves en Preferencia obrigaron tamén ao seu derrubamento e posterior reconstrución, o cal supuxo a remodelación total do complexo. A execución da nova Tribuna foi efectuada nun tempo récord para ser inaugurada co gallo do Trofeo Teresa Herrera en agosto de 1981, comezando as obras en febreiro do mesmo ano.…
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Datos
Que é Estadio de fútbol
Aforo 33.091
Inaugurado 1944
Quen o coida Real Club Deportivo de La Coruña
Tamén chamado Estadio de Riazor · Abanca-Riazor · Abanca-Riazor, Estadio
Altitude do punto ≈ 24 m · Terrain Tiles
Vila máis próxima A Coruña, a 1,8 km
Camiño de Santiago Camiño Inglés, a 1 km
No concello viven 251.277 (2025) · IGE
Para ir
Enderezo Rúa Manuel Murguía 1, A Coruña
Chegar en bus
- IES Salvador de Madariaga (masculino)a 294 mA Coruña (por Os Rosales)-Santiago (por AP-9 e San Lázaro)(X) · A Coruña (por Obelisco)-Santiago (por AP-9 e San Lázaro)(X)
- Rúa Gregorio Hernández 2a 309 mA Coruña (por Os Rosales)-Santiago (por AP-9 e San Lázaro)(X)
- Campus de Riazora 399 mPazo da Merced-Campus Riazor-Ronda de Nelle · Ferrol E.A.-Campus de Riazor · O Burgo (área de servizo)-Orillamar 96 (xeriátrico) · A Coruña (por Os Rosales)-Santiago (por AP-9 e San Lázaro)(X) · A Coruña (por Obelisco)-Santiago (por AP-9 e San Lázaro)(X)
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.
