Faro

Faro de Fisterra

Fisterra · A Coruña · 1853

Faro de Fisterra, faro en Fisterra

Foto: Basotxerri · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗

O faro de Fisterra é un faro situado no cabo Fisterra construído en 1853.

Historia e características

A torre é de cantería e base octogonal, de 17 metros de alto cunha cornixa sobre a que se apoia a balconada. A bóveda ten unha lanterna poligonal. A súa luz, situada a 143 metros sobre o nivel do mar, acada máis das 23 millas náuticas. A constante néboa do inverno provocou que se lle engadise unha sirena en 1888, a Vaca de Fisterra, para avisar aos navegantes do perigo existente. O feito de que esta punta fose o Finis Terrae para os antigos fixo que nacesen sobre ela unha serie de lendas. Malia a existencia do faro, a zona foi escenario de naufraxios, como en 1870, cando afundiu o Monitor Captain, levando 482 persoas da súa tripulación no suceso máis lutuoso desta costa.

Galería de imaxes

Outros artigos

Lista de faros de Galicia Camiño dos Faros

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

A súa luz escintileo cada 5 s · luz branca · alcance 23 millas · 143 m sobre o mar

Paredes Granito · Pedra

Altura 17 m

Quen o coida Autoridad Portuaria de A Coruña

No catálogo ES-03900

Altitude do punto ≈ 98 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima Fisterra, a 2,8 km

Camiño de Santiago Camiño de Fisterra-Muxía, a 39 m

No concello viven 4.690 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar