Fervenza
Fervenza do Belelle
Sillobre · Fene · A Coruña
Foto: Naranjaazul · Public domain · Wikimedia Commons ↗
A fervenza do Belelle é unha formación natural no curso do río Belelle. Áchase moi achegada ás Fragas do Eume, no concello coruñés de Neda, preto da aldea do Roxal.
Descrición
A auga precipítase nunha parede granítica dende 45 metros de altura, sendo unha das maiores fervenzas de Galiza. Na base existen pozas naturais. A contorna é de alto valor ecolóxico e paisaxístico. Arrodéase de fragas e castañais. Preto áchase unha central hidroeléctrica, polo que parte do ría conta cunha canle de auga. A central foi construída a comezos do século XX para dotar de electricidade á achegada cidade de Ferrol. Como o salto natural só tiña 45 metros de altura construíuse unha cal até o Monte Marraxón, onde se acadaban os 125 metros de caída actual. A central aínda opera na actualidade. A fervenza é unha das máis espectaculares de Galiza. O río ten caudal todo o ano, mais no outono e no inverno aumenta, sendo a mellor época para ollar o abanqueiro. Nos arredores da fervenza existen algunha rutas de sendeirismo.
Situación
Atópase preto da aldea do Roxal, en Neda. Dende O Roxal cóllese unha estrada estreita até a central hidroeléctrica. Dende aló cómpre ir a pé uns metros até chegar á freixa.
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Datos
Forma parte de Río Belelle
Altitude do punto ≈ 107 m · Terrain Tiles
Vila máis próxima Fene, a 3,5 km
No concello viven 12.462 (2025) · IGE
Chegar en bus
- Viladonellea 758 mA MOURELA BAIXA-VILADONELLE · IES Fernando Esquío-A Grua
- CHEDAa 1,1 kmA MOURELA BAIXA-VILADONELLE
- Viladonellea 1,1 kmAS NEVES-PLAZA DE GALICIA · As Neves-Plaza de Galicia
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.