Pazo
Pazo da Mercé
Neda · A Coruña

O pazo da Mercé é unha construción civil do século XVIII situada no lugar de Camiño da Mercé (Santa María de Neda, Neda). == Historia == As primeiras edificacións que se levantan nos terreos do actual pazo datan de finais do século XVI. Tratábase dun conxunto de varias construcións con dous edificios situados en L, dos cales só se conserva un. En 1700 chegou de Matute (A Rioxa) o comerciante Francisco Antonio Somalo, irmán do párroco de Neda, para abrir un negocio entre o Camiño Real e o río Grande de Xuvia. A fábrica de curtidos da Florida construíuse nuns pavillóns de carácter industrial anexos á vivenda. Desa época é tamén unha pequena capela de estilo barroco en honra á Virxe da Mercé. A comezos do século XIX po pazo pasou a mans de Juan Adam Pensel, mineralista de orixe alemá casado cunha descendente do fundador. Tras morrer sen descendencia o establecemento pasou a ser dirixido por Tomás Cebreiro, mais a propiedade foi da dirección do establecemento, cuxa reclamada ante o Rei por dous fillos que tivera o sacerdote irmán do fundador. Trala morte destes a fábrica volveu á familia Cebreiro. Na década de 1870 a fábrica entrou en crise, ao igual ca outras moitas da comarca, e o pazo da Mercé pasou a funcionar como convento franciscano. Xa no século XX pasou a mans do médico Francisco Cebreiro Barros. En maio de 1978 o arquitecto Alfredo Alcalá Navarro mercou e restaurou o edificio para convertelo en 1991, na primeira casa de turismo rural da provincia da Coruña. Dende 2018 o pazo ten servizo de recarga de vehículos eléctricos. == Notas == == Véxase tamén == === Outros artigos === Pazos de Galicia Marquesado do Pazo da Mercé === Ligazóns externas === Pazo da Mercé (en castelán).
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Chegar en bus
- PAZO DA MERCEDa 172 mA Coruña E.A.-Ferrol E.A. (por Pedrido e Neda) · A Coruña E.A.-Ferrol E.A. (por Pedrido e Neda) · Pazo da Merced-Campus Riazor-Ronda de Nelle · Pazo da Merced-Campus-A Coruña E.A. · Pazo da Merced-Campus-A Coruña E.A. · IES Fene-Ferrol (por Neda)
- PAZO DA MERCEDa 174 mA Coruña E.A.-Ferrol E.A. (por Pedrido e Neda) · A Coruña E.A.-Ferrol E.A. (por Pedrido e Neda) · IES Fene-Ferrol (por Neda) · IES Fene-Ferrol (por Neda) · San Isidro-Ferrol E.A.
- PAZO DA MERCEDa 177 mO Porto-O Puntal · Porto-O Puntal (por Navantia)
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.