Festa
Folión de Fachas
Vilelos · O Saviñao · Lugo

Foto: Wikimedia Commons · CC BY-SA 2.0 · ver o ficheiro ↗
O Folión de Fachas é unha festa que se celebra o último venres de setembro no lugar da Besta (Vilelos, O Saviñao). Está na liña do Folión de Castelo, tamén coñecido como Queima das Fachas de Castelo, en Taboada, e coa Festa dos Fachós do Castro de Caldelas. Os folións de fachas eran comúns nas vésperas de festa na Ribeira Sacra, ademais doutras celebracións como Os Remedios na cidade de Ourense, por Allariz e na Merca. Destaca o Folión de Vilelos por ser o que mellor conserva a tradición de subir, en procesión, con fachas con lume o castro do lugar. Nas semanas previas os veciños percorren os soutos á procura de agucios secos, destinados á elaboración das fachas. Estas lévanse o día indicado ao campo da festa. Á media noite préndenlles lume e ascenden con elas ata a croa do castro.
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Datos
Altitude do punto ≈ 559 m · Terrain Tiles
Vila máis próxima Chantada, a 8,5 km
No concello viven 3.468 (2025) · IGE
Ao lado deste lugar
Torre da CandairaTorre
Encoro de BelesarLago, lagoa e encoroIgrexa de Santo Estevo de Ribas de MiñoIgrexa
Santuario da Virxe de Guadalupe de Ribas de MiñoSantuario
Presa de BelesarCentral hidroeléctrica e presa
Viaduto de BelesarPonte histórica
Igrexa de San Vicente de EirexafeitaIgrexa
Igrexa de Santalla de RebordaosIgrexa